Home / Sociedad / Empleo / Os alumnos do obradoiro «Reinicia» de Fene recrearon con prantas o casco dunha embarcación

Os alumnos do obradoiro «Reinicia» de Fene recrearon con prantas o casco dunha embarcación

REBECA COLLADO | Fene | Xoves 26 febreiro 2015 | 10:38

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, visitaron este mércores o paseo marítimo de San Valentín onde os alumnos do obradoiro de xardinería «Reinicia» recrearon con prantas e arbustos o casco dunha embarcación.

Este programa de obradoiros está impulsado polos Concellos de Fene, Ares e Cabanas e busca formar a persoas desempregadas deses municipios en diferentes especialidades. Ademais de adquirir coñecementos que lles sirvan para buscar unha saída laboral, os participantes tamén perciben unha pequena aportación económica.

Neste obradoiro de xardinería participaron un total de 21 alumnos, dos que o 61 % pertencían a Fene. O goberno local xa está traballando para poñer en marcha novos talleres ocupacionais para as personas en situación de desemprego do municipio.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies