Home / Cultura / Os centros educativos de Ferrol celebran o Entroido

Os centros educativos de Ferrol celebran o Entroido

Os alumnos do IES Canido celebraron actividades relacionadas cos Xogos Olímpicos (cedida)
Os alumnos do IES Canido celebraron actividades relacionadas cos Xogos Olímpicos (cedida)

FERROL360 | Viernes 5 febrero 2016 | 19:03

Non digades que este venres pola mañá non daba gusto pasear por Ferrol. Un sol espléndido e un montón de cativos percorrendo as rúas e prazas da cidade disfrazados de médicos, deportistas, Meninas, astronautas, dormilóns, e ratos e ratiñas, entre outros.

O IES Canido celebrou o Entroido con actividades relacionadas cos Xogos Olímpicos, como unha «carreira de remudas» a modo de percorrido do facho olímpico que pasou de alumnos a profesores. Utilizaron un facho real que foi utilizado en Barcelona 92, co que acenderon o pebeteiro para levar a cabo as actuacións e a cerimonia de apertura.

Os peques do Colexio Ludy disfrazáronse de dormilóns (cedida)

Os peques do Colexio Ludy disfrazáronse de dormilóns (cedida)

Preto de 200 alumnos do Colexio Ludy festexaron o Entroido a ritmo de comparsa polas rúas da cidade. Houbo merendola de larpeirados e desfile nas inmediacións da praza do Río do Tronco, onde queimaron o Meco. Pequenos e mestres disfrazáronse de dormilóns cos seus pixamas, batas e zapatillas.

Os nenos do Colexio Valle Inclán tamén percorreron o barrio de Canido vestidos de Meninas e pintores, ao igual que os alumnos do Colexio San Rosendo que foron disfrazados de ratos e ratiñas os máis pequenos. En Amboage fixeron unha parada os alumnos do Colexio Cristo Rey, que ían disfrazados de astronautas e cociñeiros, entre outros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*