Home / Ferrol / Narón / Os comercios de Narón impulsan unha campaña que repartirá 2.500 euros en premios

Os comercios de Narón impulsan unha campaña que repartirá 2.500 euros en premios

FERROL360 | Domingo 30 setembro 2018 | 11:18

A Asociación de Comerciantes de Narón porá en marcha una nova iniciativa para fomentar as vendas dos comercios asociados a unha nova promoción de outono. A campaña do comercio de Narón entregará unhas tarxetas «Rasca e gaña» por compras realizadas nos seus establecementos cun total de 2.500 euros en premios.

Os vales de compra terán un valor de 10, 20, 50 y 100 euros e deberán ser canxeados no mesmo establecemento que foron entregados. Con esta acción, os comerciantes de Narón queren impulsar ás vendas e ao mesmo tempo premiar a fidelidade dos clientes máis habituais.

Para identificar os comercios pertencentes a Asociación de Comerciantes de Narón basta con comprobar que teñen os carteis promocionais da campaña. Todas as persoas que merquen no comercio de Narón poderán participar nos sorteos que durarán todo o mes de outubro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies