Home / Actualidad / Os Concellos de Moeche e San Sadurniño facilitan buses para asistir á manifestación en defensa do sector lacteo

Os Concellos de Moeche e San Sadurniño facilitan buses para asistir á manifestación en defensa do sector lacteo

FERROL360 | Domingo 6 septiembre 2015 | 16:54

O vindeiro xoves, 10 de setembro, terá lugar en Santiago de Compostela unha manifestación en defensa do sector lacteo convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo. Os Concellos de Moeche e San Sadurniño porán a disposición dos veciños buses para poder asistir a esta mobilización de apoio aos gandeiros.

O bus partirá de Moeche, na estrada da feira en San Ramón, ás 10.00 horas en dirección a San Sadurniño, onde fará parada fronte á Casa do Concello. Ademais, o Concello de Moeche colaborará no custo do transporte dos tractores dos gandeiros do municipio a Compostela.

Con esta manifestación, os gandeiros queren reivindicar un prezo digno para o leite galego e loitar polo futuro do sector lácteo. Desde o goberno local de Moeche convidan a todos os veciños a participar na mobilización «polo futuro do noso concello, dos diferentes sectores económicos e sociais de Moeche e do rural no seu conxunto».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies