Home / Actualidad / Os edís do PSOE de Cerdido doarán as dietas de asistencia ó último Pleno ós gandeiros do municipio

Os edís do PSOE de Cerdido doarán as dietas de asistencia ó último Pleno ós gandeiros do municipio

FERROL360 | Xoves 10 setembro 2015 | 17:00

Os concelleiros socialistas de Cerdido queren apoiar as mobilizacións do sector lácteo e doarán as dietas de asistencia ao último Pleno para axudar aos gandeiros do municipio nos gastos de traslado dos tractores que participan na concentración destes días en Santiago de Compostela. Unha concentración á que acudiu este xoves o alcalde de Cerdido, Benigno Galego.

Nun comunicado de prensa, o PSOE de Cerdido asegura que «con esta pequena axuda queremos contribuír a minorar os gastos que supoñen para o colectivo estes días de reivindicación duns prezos xustos para o sector».

Asimesmo, apuntan que na actualidade só hai catro explotacións gandeiras no municipio e estas «fixeron os deberes modernizándose e investindo as súas ganancias en ser máis competitivos, ampliando as instalación e modernizando as granxas».

Gandeiros da comarca na concentración

Os Concellos de Moeche e San Sadurniño fletaron un autobús para que os veciños destes municipipos puideran participar na mobilización. Ademais, segundo o Concello de San Sadurniño da localidade partiron cara Compostela arredor dun centenar de persoas nos seus vehículos particulares. En canto aos tractores, hai unha vintena desde o luns

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies