Home / Actualidad / Os orzamentos de Narón ascenden a 28,9 millóns de euros e contemplan unha inversión de catro millóns

Os orzamentos de Narón ascenden a 28,9 millóns de euros e contemplan unha inversión de catro millóns

REBECA COLLADO | Narón | Martes 26 xaneiro 2016 | 18:10

O goberno de Narón levará este xoves a pleno os seus orzamentos para 2016, que sitúanse nos 28.951.234 euros e supoñen un aumento do 3,18 % con respecto ao 2015. Trátase dunhas contas «continuístas» que buscan o obxectivo de «manter a estabilidade sen rebaixar a calidade dos servizos», segundo afirmou o alcalde, José Manuel Blanco.

O rexedor presentou o documento este martes acompañado polo concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, a voceira de TEGA, Marián Ferreiro, e concelleiro do PSOE Octavio Dopico.

Blanco salientou que os orzamentos manteñen as condicións do pacto de goberno e seguen tres máximas: manter as axudas sociais para atender aos veciños máis necesitados; manter os servizos relacionados coa atención ás persoas maiores, cultura, deportes e xuventude e rebaixar a débeda, «aínda que nunca foi excesiva no Concello».

Pola súa banda, Pablo Villamar indicou que estas contas enmárcanse nun contexto de crise económica, pero tamén nunha situación de estabilidade no Concello, que conta con máis de sete millóns de euros en Tesourería. «Un ano máis o Concello ten o músculo para poder afrontar estes orzamentos» sen buscar financiación bancaria, indicou o edil.

Investimentos

Os orzamentos recollen unha inversión en obras de catro millós de euros, que inclúen os plans da Deputación da Coruña do POS e PAS e o plan municipal contratado en decembro. «Vanse ver obras por case catro millóns de euros» no 2016, salientou Blanco.

Con todo, o alcalde adiantouse ás posibles críticas pola baixa inversión municipal, que ronda o millón de euros, e dixo que «haberá seguramente máis investimentos» ao longo do ano. Así, Blanco explicou que prefiren consolidar os ingresos durante o ano e se hai superávit destinarase a investimento.

Nesta mesma liña expresouse Villamar, que sinalou que «todo indica que en 2015 imos ter remanentes» o que permitirá «atender aos veciños, facer investimentos e manter unha situación económica de estabilidade». Ademais, o goberno reserva 100.000 euros para o convenio do novo centro de saúde comprometido pola Xunta.

No apartado de transferencias correntes a cuantía ascende aos 9,8 millóns de euros, dos que 7,7 millóns correspóndense con achegas do Estado e o restante son aportacións da Xunta de Galicia.

Ingresos

O goberno de Narón estima que recaudará 12,4 millóns de euros en impostos directos, é dicir, o IBI, o rodaxe e o IAE. En canto aos impostos indirectos, esto é as licenzas de obra, calculan que rondarán os 250.000 euros e por taxas e outros ingresos a previsión estima os 4,9 millóns.

Os impostos directos increméntanse nun 2,83 %, pero non se debe a un incremento real da recadación. E é que segundo explicou Blanco débese á «correcta cuantificación do impacto do 10 % da revisión do valor catastral» que compensa «o incremento que corresponde en 2016 coa rebaixa dos tipos».

Gastos e alegacións do PP

No capítulo de gasto a cuantía máis elevada correspóndese cos bens correntes e servizos que supón case un 50 % do gasto do orzamento e sitúase nos 14.200.068,64 euros. O gasto de persoal representa 8.434.646,44 euros, o 29 % do total. En canto aos gastos financieiros baixan case un 30 % ao reducirse a débeda.

En relación ás alegacións do PP, Blanco explicou que foron rexeitadas porque se presentaron o pasado sábado cando o borrador de orzamentos entregouse o 23 de decembro. O rexedor indicou que «hai cousas que atentan contra a política do Concello», pero engadiu que algunhas das propostas analizaranse ao longo do ano.

3 comentarios

  1. Alfonso Casal Pita

    O Sr. Villamar adiantounos o 23 de decembro un borrador das contas do Concello, unhas 25 follas, pero nada do Padroado de Cultura nin de COSMA. As restantes 120 follas e mais as contas definitivas do Concello déronnolas o pasado venres, tres días antes da comisión. Non tivemos tempo nin de mirar a metade, pero iso non lles importa, porque, a pesar das palabras bonitas, non están abertos a escoitar e moito menos ao diálogo. Xa sabemos todos que teñen a maioría para sua aprobación.

  2. Se aprobarán los presupuestos con los votos a favor del trío de gobierno y con los votos en contra de la oposición, les importa bien poco la aportación o ideas que puedan tener. Hasta el año que viene a volver a hacer lo mismo como los últimos 4 años.
    Pablo Villamar quien lo ha visto y quien lo ve, de Vicepresidente con Audi y chofer criticando a Xoan Gato a miembro del equipo de gobierno para no tener que ir a trabajar a Navantia, que a Pablo nunca le gusto ni madrugar ni trabajar.

  3. ¿Y dónde está Doña Catalina? Se ve que los 42000 que cobra al año no son suficientes como para que se digne en salir ni en una rueda de prensa. ¿O acaso no es ella parte del gobierno?

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies