Home / Ferrol / Neda / Os parques infantís de Neda a revisión

Os parques infantís de Neda a revisión

FERROL360 | Mércores 31 outubro 2018 | 20:25

O Concello de Neda vén de sacar a licitación a obra de renovación do pavimento de caucho dos parques infantís de Santa María e Albarón, unha iniciativa que o goberno prevé trasladar ao conxunto dos parques.
O proxecto, cuxo prezo de saída ascende a 40.000 euros, consiste na substitución do actual chan por outro tamén de caucho pero de maior calidade e resistencia.

A día de hoxe, no municipio de Neda existen cinco instalacións pensadas para o entretemento dos cativos. Así, ademais das xa citadas, as actuacións previstas polo executivo local tamén se levarán a cabo no denominado parque do Principiño e no que no seu día deu lugar á visita de Ágata Ruiz de la Prada á vila de Neda e que está situado nas inmediacións do paseo marítimo.

Ademais da renovación do chan o goberno municipal non descarta a compra de novos elementos e a mellora dos xa existentes.

Contrato para Subarreiros

A administración local tamén asinou o contrato coa empresa adxudicataría do proxecto que transformará Subarreiros nun espazo de lecer e que dará lugar á construción dunha pista polideportiva, a un novo parque infantil nas inmediacións do xa existente e unha área recreativa a base de mesas con asentos incorporados.

O importe da contratación supera os 82.000 euros e o prazo de execución dos traballos é de dous meses.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies