Home / Actualidad / Os partidos lánzanse a presentar as súas candidaturas para as eleccións municipais

Os partidos lánzanse a presentar as súas candidaturas para as eleccións municipais

FERROL360 | Venres 17 abril 2015 | 16:59

Fin de semana movidita a nivel político coa presentación de múltiples candidaturas para as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Haberá actos ao longo e ancho das comarcas como pistoletazo de saída á precampaña electoral.

A candidatura BNG-Asembleas Abertas de Mugardos presenta este venres ó seu candidato á alcaldía, Gemino Varela. O acto, aberto a todo o público e que terá lugar ás 20.00 horas no Cantón de Cora, estará presentado polo actual rexedor Xosé Fernández Barcia e contará coa presenza da
deputada no Congreso, Rosana Pérez.

Tamén no día de hoxe, o PP de Fene presenta ao seu candidato para revalidar a alcaldía, Gumersindo Galego. No acto estará o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e máis o secretario dos populares na provincia de A Coruña. Será ás 20:30 horas na Sociedad Agarimo de Sillobre.

O PSdeG-PSOE de Pontedeume tamén ten organizado un acto público para este venres, ás 20:30 horas no Hotel Eumesa, co que dar a coñecer a súa candidatura para as eleccións municipais, encabezada polo actual voceiro municipal e secretario de secretario de Organización do PSOE provincial coruñés, Bernardo Fernández Piñeiro.

Terra Galega Narón presenta a súa candidatura este venres nun acto que terá lugar baixo unha carpa ubicada na praza de Galicia. Será ás 21:30 horas e o candidato a revalidar a alcaldía, Xosé Manuel Blanco, dará a coñecer o posto que ocuparán os integrantes na lista de TEGA.

Sábado 18 de abril

Xa o sábado, tócalle o turno á candidatura de Converxencia Galega Narón. Presentarán á súa candidata á alcaldía: María Porto, actual concelleira de Turismo e Novas Tecnoloxías. Porto presentará a todos os integrantes da lista, desgranará os principais puntos do programa e fixará os obxectivos electorais da formación.

Mentres o BNG-Asembleas Abertas de San Sadurniño fará o propio tamén o sábado ás 21:00 horas no local social da Veiga, en Narahío. A encargada de presentar o acto é a actriz Isabel Risco, e no mesmo intervirá o actual alcalde do municipio, Secundino García, que aspira a manter no seguinte mandato a Alcaldía.

Domingo 19 de abril

Na xornada do domingo o BNG-Asembleas Abertas de Fene presentará a súa candidatura no Círculo de Perlío ás 12:00 horas. Intervirán Alba García Fariña, candidata nº 10; Mariela Aguilar Prieto, candidata nº 4; Justo Martínez Ardá, candidato nº 3; Sandra Permuy Meizoso, candidata nº2 e a deputada no Parlamento Galego Ana Pontón. Pechará o acto o candidato á Alcaldía Juventino Trigo.

Tamén o BNG-Asembleas Abertas de Ares elixiu o domingo para dar a coñecer a súa lista. Alianza Aresana acollerá o acto ás 13:00 horas, que será presentado por Margarida Corral e no que intervirán o deputado no Parlamento Galego Daniel Rodas e o candidato á Álcaldía Emilio Mesías.

Por último, o BNG-Asembleas Abertas de Pontedeume celebrará un acto similar no Centro de Maiores ás 18:30 horas. Presentará o acto Xurxo Allegue, responsábel local e número 3 da candidatura; Daniel Rodas, deputado no Parlamento Galego; Cristina Placer, candidata nº 4; Iago Castro, nº 5; Ana Veira, nº 2, e para pechar Antonio Salvadores, candidato á Alcaldía.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies