Home / Ferrol / San Sadurniño / Os peques de San Sadurniño aprenderán a preparar gominolas

Os peques de San Sadurniño aprenderán a preparar gominolas

FERROL360 | Mércores 27 decembro 2017 | 12:19

Os pequenos amantes das gominolas teñen unha cita o vindeiro xoves 4 de xaneiro en San Sadurniño para aprender a preparalas. Esta actividade, que se enmarca dentro do programa ‘Tempos para compartir’ da área de Igualdade, precisa de inscrición previa e que só hai 15 prazas dispoñibles. As persoas interesadas deben anotar aos peques no teléfono 981 490 027 ext.1.

Neste obradoiro a rapazada de entre 5 e 13 anos aprenderá a facer algunhas sobremesas e larpeiradas coa axuda de Fran Bermúdez. Os segredos da crema de cacao, a arte do biscoito esponxado que despois converter nunha torta e mesmo algo tan misterioso como as gominolas quedarán ao descuberto para que despois a rapazada poida ensinarlle na casa aos papás e ás mamás.

O obradorio terá lugar no local social de Lamas a partir das 16.30 horas. Malia que só se ofertan 15 prazas, no caso de haber máis demanda o Concello estudaría a posibilidade de prolongar a duración da actividade dividíndoa en dúas quendas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies