Home / Actualidad / Os socialistas de Fene elixen a Joaquín Ayala como novo secretario xeral

Os socialistas de Fene elixen a Joaquín Ayala como novo secretario xeral

FERROL360 | Domingo 13 marzo 2016 | 17:04

O PSdeG-PSOE de Fene renovou este domingo a súa executiva nunha asemblea extraordinaria na que Joaquín Ayala foi elixido por unanimidade o novo secretario xeral dos socialistas de Fene. Un acto no que estivo presente Valentín González Formoso, secretario de Política Institucional da Comisión Executiva Nacional Galega e presidente da Deputación da Coruña.

O novo secretario xeral agradeceu a confianza depositada nel, pediu á militancia que o axude a estar sempre cos pés na terra e salientou o importante labor realizado polo seu antecesor, Antón Noceda.

Os integrantes da nova comisión executiva municipal son: Joaquín Ayala, secretario xeral; Manuel Allegue, presidente; José Pico, secretario de Organización; Antón Noceda, secretario de Política de Relacións Institucionais e Cidadáns; José Rico, secretario de Relacións Sindicais.

José Antonio López, secretario de Administración; María Verónica Calvo, secretaria de Comunicación; Matilde Castro, secretaria executiva; Jaime Balsa, secretario executivo e Juan Miguel Martín, secretario executiva

Na asemblea tamén foron elixidos Joaquín Ayala e Antón Noceda como delegados da agrupación para o Comité Nacional do PSdeG-PSOE. No Comité Provincial estarán Joaquín Ayala, Verónica Calvo, José Rico e Antón Noceda.

Sobre Rebeca

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies