Home / Actualidad / Os socialistas de Ferrol celebran este venres a Festa da Rosa

Os socialistas de Ferrol celebran este venres a Festa da Rosa

FERROL360 | Venres 23 octubre 2015 | 10:44

O PSOE de Ferrol celebra este venres a súa tradicional Festa da Rosa, coa que se conmemorará o 165 aniversario do nacemento do fundador do partido, o ferrolán Pablo Iglesias. A cena de conmemoración e celebración terá lugar no Galicia de Caranza, a partir das 21:30 horas, coa presenza confirmada de preto de 100 persoas.

A festa estará presidida pola secretaria xeral dos socialistas ferroláns, Beatriz Sestayo, e o presidente de honra, Augusto Pena. Esta actividade busca ser un punto de encontro dos socialistas de Ferrol e da súa comarca, nun acto festivo e reivindicativo.

Militantes e simpatizantes «porán en valor os principios socialistas, obreiros, sociais e de esquerdas dun partido esencial na configuración política do país dende a súa fundación» e que aspira a renovar a confianza dos cidadáns «para lograr que se retome a senda do benestar, da solidariedade e do emprego en Ferrol», indica o PSOE de Ferrol nun comunicado.

Un comentario

  1. Sera la fiesta de Rosa Méndez y de su madrina Beatriz

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies