Home / Actualidad / Os socialistas de Narón presentan mocións en contra do acordo entre UE-Turquía e de paralización da LOMCE

Os socialistas de Narón presentan mocións en contra do acordo entre UE-Turquía e de paralización da LOMCE

FERROL360 | Xoves 24 marzo 2016 | 17:25

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Narón impulsa dúas mocións, ás que se sumaron TEGA, BNG e EU en contra do acordo entre a Unión Europea e Turquía para a deportación dos refuxiados e para pedir a paralización do calendario da LOMCE e a supresión das avaliacións de 3º e 6º de Educación Primaria.

Consideran que o pacto entre a Unión Europea e Turquía non respecta os convenios internacionais sobre dereito de asilo, polo que estaríamos asistindo ao proceso de deconstrución da Unión Europea. Os asinantes do texto denuncian que non se pode facer un acordo de intereses utilizando os dereitos das persoas refuxiadas e migrantes como moeda de cambio, xa que é algo inadmisible.

Con esta moción búscase que o Pleno do Concello de Narón amose o seu rexeitamento ao acordo e esixa á Unión Europea a retirada de calquera pacto que non respecte o dereito internacional de asilo ou convenios internacionais sobre dereitos humanos asinados pola Unión Europea, así como dar unha resposta humanitaria urxente ante a grave situación que viven as persoas refuxiadas.

Tamén solicitan os asinantes do texto, que o Pleno se sume ao Manifesto “Pasaxe Seguro”, subscrito por multitude de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa, para instar á UE a que ordenen a creación de corredores humanitarios, que posibiliten o asilo destas persoas entre os 28 Estados membros da Unión Europea.

Moción LOMCE

A outra moción pide á Consellería de Educación da Xunta de Galicia paralice de inmediato o calendario de aplicación da LOMCE e que suprima as avaliacións de 3º e 6º de Educación Primaria. Entenden que é hora de dotar de estabilidade ao sistema educativo e rematar co feito de que a Lei educativa sexa cambiada de xeito automático cada vez que se produza un cambio de goberno.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies