Home / Ferrol / Ares / Os traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar esixen estabilidade laboral

Os traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar esixen estabilidade laboral

FERROL360 | Martes 5 novembro 2013 | 17:41

Os traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar levarán a cabo unha concentración diante dos centros de traballo este mércores 6 de novembro en defensa da estabilidade laboral. Os empregados piden que se manteñan todos os postos de traballo do Consorcio na integración na Axencia Galega de Servizos Sociais.

Tamén esixen a continuidade dos traballadores do Plan de Inclusión a partires de 2013, a aplicación do quinto Convenio Laboral incluídas as retribucións, a transparencia e publicidade na xestión das listas de espera, a autorización para a realización de permutas entre os traballadores do Consorcio e a recuperación das pagas extraordinarias completas.

Deste xeito, os empregados do Centro de Maiores de Ortigueira concentraranse ás 11:00; seguidamente, os traballadores da Galiña Azul de Fene farano ás 14:00. A continuación, será o centro Galiña Azul de Ares o que acollerá a protesta a partires das 16:00 coa participación de traballadores e pais. Ás 16:15 tócalle a quenda á Galiña Azul de Cedeira, e o último centro no que celebrarase a concentración será a Galiña Azul de Caranza ás 16:30 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*