Home / Actualidad / Os traballos na estrada Ares-Chanteiro poderían comezar antes de final de ano

Os traballos na estrada Ares-Chanteiro poderían comezar antes de final de ano

FERROL360 | Mércoles 5 agosto 2015 | 18:26

O deputado do BNG, Xesús Soto, acompañado polo voceiro nacionalista en Ares, Emilio Mesías, mantivo unha xuntanza este martes cos representantes da comisión veciñal que segue en loita pola execución do proxecto de ampliación e seguridade viaria na estrada Ares-Chanteiro para analizar a situación actual do proxecto.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado 28 de xullo o proceso de levantamento de actas para a execución da obra, que se desenvolverá os vindeiros 25 e 26 deste mes de agosto, e os representantes veciñais aproveitaron para expresar as súas críticas ante falla de información dende o Concello con respecto da situación da obra.

Soto explicou aos representantes veciñais o proceso no que se atopa o proxecto, podendo os veciños alegar sobre os terreos afectados, así como dos pasos posteriores para a contratación e o comezo das obras, que pode ser, segundo o deputado, antes de que remate o ano.

Tanto o BNG coma comisión veciñal comprometéronse a manter unha comunicación permanente a respecto do proceso de contratación das obras como na execución das mesmas, para garantir o cumprimento dos prazos e das condicións técnicas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies