Home / Sociedad / Naturaleza / Os voluntarios da iniciativa «Móllate polos ríos» retiran 150 quilos de refugallos do río Castro

Os voluntarios da iniciativa «Móllate polos ríos» retiran 150 quilos de refugallos do río Castro

FERROL360 | Luns 29 setembro 2014 | 15:00

Os 23 voluntarios que participaron na limpeza do río Castro en San Sadurniño retiraron preto de 150 quilos de refugallos do propio río e da súa ribeira dentro da iniciativa «Móllate polos ríos» de Adega. Así, a VII Limpeza simultanea de ríos desenvolveuse o pasado domingo en distintos puntos de Galicia.

En San Sadurniño os labores centráronse nun tramo comprendido entre a área recreativa do Pozo de Lamas -Igrexafeita- e a ponte da Pedreira, en Naraío. Os voluntarios empregáronse a fondo para deixar o río o máis limpo posible nunha mañá de duro traballo, pero tamén foi unha boa ocasión para percorrer parte dun dos sendeiros ambientais máis importantes que hai en San Sadurniño.

Plásticos, botellas ou ferralla foron os residuos que se retiraron do río Castro, pero desde Adega indican que non se pode esquecer que «o noso principal obxectivo non era este», porque segundo explican «o voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da Administración». En todo caso, «somos unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade».

O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar e para iso realizan actividades como esta. Así, a xornada serve para concienciar a nenos e grandes sobre a importancia de preservar en boas condicións os ecosistemas fluviais.

San Sadurniño participa neste programa ambiental case desde os seus inicios. Esta é a segunda vez en que se lle dá un repaso a un tramo do Castro nos últimos anos. Xa en 2012 conseguiran sacarse doutro anaco de río uns 150 quilos de refugallos. En 2013 a limpeza centrouse no rego da Bañoca, en Bardaos, e cun saldo próximo aos 200 quilos.

Os voluntarios estiveron limpando durante a mañá do domingo (foto: Concello de San Sadurnino)

Os voluntarios estiveron limpando durante a mañá do domingo (foto: Concello de San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies