Home / Cultura / Pablo Díaz e Le Barluthier actuarán o domingo en Narón dentro do programa ‘Verde que te quero verde’

Pablo Díaz e Le Barluthier actuarán o domingo en Narón dentro do programa ‘Verde que te quero verde’

FERROL360 | Venres 5 xullo 2019 | 9:31

Este domingo chega a segunda xornada do programa municipal Verde que te quero verde, impulsado a través do Padroado da Cultura de Narón, coas actuacións de Pablo Díaz e Le Barluthier. A cita terá lugar no parque da rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro.

A partir das 12.30 horas comezará o espectáculo do músico coruñés Pablo Díaz, que percorre diferentes cidades co seu segundo traballo, Toc Toc. No ano 2014 este álbume gañou o Premio da Música Martín Códax como mellor trabalo de música infantil. O humor, a alegría, a amizade e a defensa do medio ambiente estarán moi presentes neste espectáculo.

A continuación, haberá un segundo concerto da formación Le Barluthier, que dará comezo sobre as 13.00 horas. A formación traerá a Narón un piano-bar dos anos 30 e 40. Tres músico baristas (piano, voz e washboard) e un pequeño piano de cola cunha caixa de resonancia convertida en barra de bar –con billa e fregadeiro- constitúe o espazo móbil do espectáculo, no que recrean un salón de cócteles con música en directo e servindo as bebidas os propios músicos.

O domingo día 14 actuarán no parque da rúa Francisco Pizarro, na Solaina, o artista galego Pulpiño Viascón, un multiinstrumentista, compositor e clown e a formación Broken Peach, integrada por catro voces, batería, baixo e guitarra-piano.

A última proposta deste programa municipal terá lugar no parque da rúa Mariña Española, o día 21 deste mes, e correrá a cargo do músico Paco Nogueiras e do cantor e compositor Fred Martins. Cada unha destas citas dominicais dará comezo ás 12.30 horas e prolongarase aproximadamente durante unha hora.

O programa municipal Verde que te quero verde, que este ano alcanza a súa terceira edición, consiste nunha actividade musical a modo de apertura, dirixida ao público familiar e un concerto a continuación.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies