Home / Cultura / París de Noia e Combo Dominicano nas Festas Patronais de Santa Icía esta fin de semana

París de Noia e Combo Dominicano nas Festas Patronais de Santa Icía esta fin de semana

FERROL360 | Xoves 3 setembro 2015 | 10:52

Santa Icía quenta motores para celebrar este venres, sábado e domingo as súas Festas Patronais. A Comisión de Festas de 2015 ten preparada unha auténtica festa rachada para gozar durante toda a fin de semana da música dalgunhas das mellores orquestras.

Este venres arranca a festa coa actuación do Grupo Antha e a orquestra Versalles na verbena, a partires das 22:30 horas. Xa o sábado haberá o tradicional lanzamento das bombas de palenque e actuación do grupo Boomerang, ás 13:45 horas. A verbena estará amenizada polo grupo Boomerang e a orquestra París de Noia, a partires das 22:30 horas.

O punto e final das festas chagará o domingo 6 de setembro. Ese día haberá misa solemne e lanzamento das bombas de palenque e sesión vermú a cargo do grupo Fusión, contra as 23:45 horas. O Combo Dominicano e o grupo Fusión serán os encargados de pechar as festas de Santa Icía, ás 22:30 horas. .

A Comisión de Festas de Santa Icía queren agradecer a colaboración de todos os veciños e negocios que colaboraron coas súas achegas económicas para o desenvolvemento das Festas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies