Home / Ferrol / San Sadurniño / Persoal técnico traballa para solucionar un fallo na subministración de internet a San Sadurniño

Persoal técnico traballa para solucionar un fallo na subministración de internet a San Sadurniño

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 18:34

O Concello de San Sadurniño confirmou que o mal tempo deste xoves provocou un fallo na subministración eléctrica na antena do pico de Ferreira, que subministra internet a todo o termo municipal. Persoal técnico da firma Internetrural.eu traballa dende a mañá deste venres para detectar a orixe do problema, que o consistorio achaca ao vento, a unha chispa ou a un corte na liña.

O goberno local sostén que o cambio cara á tecnoloxía vía satélite permite minimizar estes inconvintes, polo que propón esa opción aos veciños. Deste xeito, estima que se pode ofrecer un servizo de máis calidade e con máis capacidade.

A firma responsable da rede municipal ofrece aos 300 usuarios da localidade o cambio de wimax a satélite de balde. Tampouco hai que pagar cantidade algunha pola instalación ou o alugueiro mensual da antena, grazas a un acordo co consistorio.

Segundo o grupo de goberno, a metade das conexións xa son vía satélite e a cifra vai en aumento. O cambio pódese completar na web internetrural.eu ou no teléfono 900 866 956. Na chamada, que é de balde, hai que facer mención á oferta acordada co Concello.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies