Home / Actualidad / PÓDCAST | 10 de Marzo do 72: o día que Ferrol tomou a palabra

PÓDCAST | 10 de Marzo do 72: o día que Ferrol tomou a palabra

Díaz, Alabau, Pillado, Varela, Puentes e Loureiro.

MARTA CORRAL | Ferrol |Xoves 10 marzo 2022 | 20:44

Con moito agarimo e pouca técnica —pido desculpas por elo— quixen conmemorar o 50 aniversario do asasinato de Amador e Daniel con este pódcast baseado nas entrevistas que realicei á xornalista e presidenta do Club de Prensa, Xulia Díaz; a escritora e profesora Ánxela Loureiro; ao dirixente político e sindical, ademais de traballador de Bazán, Rafael Pillado; a ex concelleira e militante do Partido Comunista, Sari Alabau, e as militantes comunistas e compañeiras de sindicalistas, Fina Varela e Encarna Puentes.

Teño que agradecerlle tamén a súa colaboración ao Ateneo Ferrolán, onde se gravaron algunhas das entrevistas. Tamén a Alicia Seoane e Estudio Abierto, onde se gravaron outras tantas. Fixeron máis doada a documentación as compañeiras xornalistas Lorena Bustabad e Patricia Hermida cos seus marabillosos traballos previos sobre o tema. Agradecida tamén á mocidade do Ferrolterra e do Sofía Casanova por contestar as miñas preguntas, agardo que escoiten esta peza e espallen esta historia entre a súa xeración.

Grazas as persoas que foron para que sexamos. Na memoria de todas as que non están.

Pezas musicais por orde de aparición:

  1. Amador e Daniel, de Bibiano Morón (versos de Uxío Novoneyra)
  2. A galopar, de Paco Ibáñez
  3. As Time Goes By, de Dooley Wilson (BSO de Casablanca)
  4. L’estaca, de Lluís Llach
  5. Al vent, de Raimon

2 comentarios

  1. Moi bom trabalho… Umha contribuçom importante à Memória Histórica…
    Um documento sonoro moi importante para que nom se perda a memoria…
    Obrigado a Marta, as pessoas que colaborarom e ao e as protagonistas !
    Inácio

    |||||||

Responder a Marta Corral Eliminar comentario

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies