Home / Cultura / Poesía, humor e música da man do dúo Aldaolado no Pazo da Cultura de Narón

Poesía, humor e música da man do dúo Aldaolado no Pazo da Cultura de Narón

FERROL360 | Mércores decembro 2018 | 11:15

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este mércores o espectáculo Cría fama e bótate a correr, do dúo Aldaolado. Unha función chea de música, poesía e humor transgresor, que arrancará ás 20.30 horas.

Aldaolado reflexionarán no esceario sobre as virtudes e baixezas da fama. Tralo seu paso por Luar Narón será o lugar onde este dúo formado polas poetisas Lucía Aldao e María Lado nos contarán en clave de humor musical este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas.

Cría fama e bótate a correr é una obra onde os artistas airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos.

A actuación é un nexo de unión de poesía a música en directo e o humor que caracteriza o dúo, pero nesta ocasión achega novas cancións, poemas inéditos e inesperadas sorpresas para quen desexe emocionarse e rir nunha velada que é moito máis ca un recital de poesía.

A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galicia como fóra de nosa comunidade.

A actuación é en galego e está pensada para valorar o noso idioma e loitar contra os tópicos e prexuízos que afectan á súa normalización social.

O prezo para o público en xeral é de 9,50 euros, namentres os abonados, desempregados e estudantes que teñan carné deberán pagar 6,65 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies