Home / Ferrol / Narón / Policías sen uniforme vixían o cumprimento das ordenanzas en Narón

Policías sen uniforme vixían o cumprimento das ordenanzas en Narón

FERROL360 | Venres 4 marzo 2016 | 18:54

A subdelegación do Goberno na Coruña aprobou unha autorización solicitada polo Concello de Narón para que dous axentes da Policía Local sen os seus uniformes regulamentarios poidan prestar servizos policiais para velar polo cumprimento das ordenanzas, bandos e outras disposicións ditadas pola administración local.

Dous policías xa participan nun servizo especial no que se controla o cumprimento de ordenanzas como a de tenencia de animais, limpeza viaria e de emisión de ruídos, permitíndolles impoñer varias denuncias tras detectar aos infractores por non decatarse estes últimos da súa presencia.

Nunha das xornadas de traballo, realizada hai uns días na localidade, os policías centráronse no control de animais no paseo marítimo de Xuvia, no parque fluvial de Freixeiro, nas zonas do Ponto, Santa Icía-Virxe do Mar, Alto do Castiñeiro-Praza de Galicia e A Gándara e nas rúas A Garda, O Grove, Rosal, Tui e Bouzas, tal e como apuntou este venres o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo.

O edil valorou o traballo realizado polos axentes, cuxo resultado foi «a imposición de cinco denuncias por carecer os animais de microchip, tres por levar cans soltos e unha por posesión dun can potencialmente perigoso sen estar inscrito no pertinente rexistro e sen licencia nin bozo».

«O feito de que os axentes poidan traballar sen o uniforme regulamentario nestes casos considerados excepcionais permítenos corrixir axeitadamente moitas das infraccións que día a día se rexistran no municipio, cuns resultados moito máis satisfactorios que no caso de que vaian uniformados, porque permite detectar mellor aos infractores», subliñou.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies