Home / Ferrol / Ferrol / Pon as botas de auga e participa na limpeza do día Sardiña, na Malata, este domingo

Pon as botas de auga e participa na limpeza do día Sardiña, na Malata, este domingo

FERROL360 | Sábado 26 setembro 2015 | 11:40

Dentro da xornada de limpeza «Móllate polos Ríos», impulsada por Adega, este domingo vaise realizar unha limpeza do río Sardiña, na zona da Malata. Os voluntarios que queiran participar deben levar botas de auga e acudir ao aparcadoiro da piscina ás 11:00 horas.

Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Ríos, que ten por finalidade a posta en valor, concienciación, educación e conservación do patrimonio, neste caso dos ríos, figuras medio ambientais claves en Galicia, indican desde Adega-Ferrolterra.

Aplazada en San Sadurniño

O departamento de Medio Ambiente do Concello de San Sadurniño decidiu aprazar a xornada de limpeza do río Aceiteiro programada para este domingo polo baixo número de inscricións.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies