Home / Sociedad / Ocio / Pontedeume abre a inscrición para as escolas deportivas do verán

Pontedeume abre a inscrición para as escolas deportivas do verán

FERROL360 | Domingo 19 xuño 2016 | 13:26

O Concello de Pontedeume abre este luns o prazo de inscrición para o programa escolas deportivas do verán, que pretende ofrecer tanto aos mozos como aos adultos unha variedade de disciplinas deportivas durante os meses de xullo e agosto.

A matrícula remata o vindeiro día 30 de xuño e entre a oferta deportiva atopamos clases de patín, xogos, judo, piragüismo, taekwondo, cicloturismo, sendeirismo, cursos de tenis, multideporte, escola de xadrez e baile moderno. Para os maiores tamén hai mantemento rélax, aeróbic, pilates ou ximnasia.

Os interesados em participar poderanse matricular descargando o formulario da páxina web do Concello e enviándoo, xunto ó xustificativo de pago, a: deportes.pontedeume@gmail.com. Para máis información podem dirixirse ao pavillón da Casqueira ao Servizo de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono 981.433.041.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies