Home / Sociedad / Empleo / Pontedeume cubre a praza interina para persoal administrativo en Urbanismo

Pontedeume cubre a praza interina para persoal administrativo en Urbanismo

FERROL360 | Martes 4 agosto 2015 | 17:53

Co obxectivo de axilizar o traballo do departamento de Urbanismo, o concello de Pontedeume convocou unha praza interina para persoal administrativo que será cuberta esta mesma semana. O goberno local realizou esta convocatoria ata que se poida sacar a concurso a praza en propiedade.

Con esta nova incorporación o goberno local pretende crear dúas ventanillas de atención ao público, que se atoparán na planta baixa do Concello. A xa existente será para asuntos xerais, e outra dedicarase exclusivamente a Urbanismo e Padrón. Deste xeito, os veciños poderán consultar en todo momento a documentación necesaria para os seus trámites en materia urbanística.

Ademais, poderán obter información sobre o estado no que se atopa o seu expediente ou que tempos aproximados deberán esperar para pechar as súas xestións. Desde o goberno local indican que o departamento de Urbanismo debe funcionar perfectamente debido á importancia na tramitación de licenzas municipais e ordenación do territorio.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, afirma esta contratación demostra que é posible contratar persoal e que o PP estaba equivocado ao afirmar o contrario. Iso si, non en todos os servizos públicos se pode realizar este tipo de contratacións interinas, que neste caso contou co visto bo do Ministerio de Facenda e dos técnicos municipais pola alta carga laboral do departamento.

«Isto ven a constatar que os argumentos que deu o anterior executivo local non se corresponden coa realidade. Se se quere mellorar e axilizar a administración, pódese, só hai que ter vontade política para facelo», concluíu o rexedor.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies