Home / Sociedad / Ocio / Pontedeume inicia os obradoiros de pintura, ioga e bailes de salón

Pontedeume inicia os obradoiros de pintura, ioga e bailes de salón

FERROL360 | Mércores 18 novembro 2015 | 11:08

Este mércores arrancan os obradoiros culturais organizados polo concello de Pontedume, que ofertan pintura, ioga, bailes de salón, corte e confección.

Os obradoiros terán lugar ata o mes de abril e o grupo mínimo esixido para a realización de cada un é de dez ou quince persoas.

Ao remate do prazo de inscrición, se é o caso, poderán inscribirse noutro dos talleres nos que haxa praza. Así,bailes de salón terá lugar os venres de 20:30 a 22:00 horas; pintura os mércores de 16:00 a 19:00 horas.

Corte e confección será os luns de 17:30 a 20:30 horas, martes de 09:30 a 12:30 horas, xoves de 16:00 a 19:00 horas e venres de 16:00 a 19:00 horas.

Por último, ioga será os luns e mércores de 17:30 a 19:00 e tamén 19:20 a 21:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies