Home / Eume / Pontedeume / Pontedeume organiza a V Andaina Histórico-Cultural polo municipio

Pontedeume organiza a V Andaina Histórico-Cultural polo municipio

FERROL360 | Martes 17 decembro 2019 | 9:55

O Concello de Pontedeume organiza o vindeiro domingo 29 de decembro a V Andaina Histórico-Cultural polo municipio. A cita partirá ás 10.00 horas desde o Torreón dos Andrade para emprender un traxecto circular polas parroquias de Nogueirosa e Ombre.

Durante a iniciativa, un guía explicará algúns dos elementos máis destacados do patrimonio eumés como cruceiros, fontes, lavadoiros, hórreos e visitando o Castelo de Andrade.

Desde o lugar de San Cosme a andaina tomará rumbo á parroquia de Ombre, pasando por referencias patrimoniais destacadas como o cruceiro da igrexa de San Cosme e un pousadoiro. Este elemento é unha especie de mesa de pedra onde se pousaban os cadaleitos de camiño ao camposanto para realizar oracións e responsos.

A marcha continuará pola Cruz do Cabildo e pola igrexa parroquial do século XVIII de Ombre ata chegar ao lugar de A Bufarda onde se visitarán as zonas de plantacións de cerdeiras, cunha gran tradición na parroquia de Ombre. O seu florecemento regala un fermoso espectáculo nos meses de marzo e abril.

Visitarase tamén o lugar de Cabría Nova, un dos núcleos máis singulares do Concello de Pontedeume pola disposición labiríntica das súas rúas. Introducíndose nun fermoso camiño forestal, o grupo chegará ata o Castelo de Andrade, pasando por algunha zona de fraga autóctona xunto a pequenos ríos para rematar esta andaina de regreso a Pontedeume atravesando os núcleos de A Viña, O Silvar e Figueirido.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 26 de decembro e todas as persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Turismo, en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas, no teléfono 981430270 ou no email oficinaturismo@pontedeume.gal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies