Home / Actualidad / Pontedeume pon en marcha o I Plan de Ornato Público da lexislatura

Pontedeume pon en marcha o I Plan de Ornato Público da lexislatura

FERROL360 | Luns 8 agosto 2016 | 12:51

O Concello de Pontedeume pon en marcha o I Plan de Ornato Público da Lexislatura, que consiste nunha serie de actuacións encamiñadas a poñer en valor o incrible potencial e patrimonial que ten a vila.

Deste xeito, estanse a pintar xa farolas, limpando as rúas con aparellos de presión, e tamén contratáronse varias actuacións de instalación de novos elementos decorativos que serán instalados ao longo deste mes.

Asemade, unha vez recibido o visto bo de Patrimonio instalaranse novas papeleiras no casco histórico, xardineras con flores, e tamén papeleras para recoller os excrementos dos cans. Por outra banda, colocaranse bancos en varias zonas como na parte do Paseo Marítimo que vai paralela á autoestrada cara a pía de Ombre.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies