Home / Eume / Pontedeume / Pontedeume pon en marcha o programa Madrugadores como medida de conciliación

Pontedeume pon en marcha o programa Madrugadores como medida de conciliación

FERROL360 | Venres 23 setembro 2016 | 11:46

O Concello de Pontedeume ven de poñer en marcha no CEIP Couceiro Freixomil o programa Madrugadores -espazo de almorzos saudables- como medida de conciliación. O programa está dirixido ao alumnado deste centro e será realizado diariamente dende o mes de setembro de 2016 ata o mes de xuño de 2017, en horario de 7:30 a 8:30 horas.

Madrugadores quere responder á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen.

Os interesados en participar aínda se poden inscribir no departamento de Servizos Sociais de Pontedeume. Para máis información se pode chamar ao teléfono 981.433.288.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies