Home / Eume / Pontedeume / Pontedeume traballa nunha nova ordenanza de axudas escolares

Pontedeume traballa nunha nova ordenanza de axudas escolares

FERROL360 | Xoves 17 setembro 2015 | 19:24

O Concello de Pontedeume traballa nunha nova ordenanza de axudas escolares que acurte os prazos de pago aos beneficiarios e que cumpra a lei. E é que segundo o alcalde, Bernardo Fernández, a ordenanza que está en vigor e que aprobou o anterior goberno «é ilegal» posto que non contempla a obrigación de xustificar as axudas mediante facturas aos beneficiarios.

«Denunciámolo no pleno durante a pasada lexislatura pero non se cambiou», indicou o rexedor. Respecto ao atraso do pago desta subvención neste exercicio, Fernández sinala que foi provocado pola ausencia do tesoureiro durante o pasado mes, «pero xa se debían pagar antes do verán».

Por outra banda, o alcalde lembra que ao longo do verán fixéronse varios requirimentos de documentación a beneficiarios que non entregaran toda a documentación e polo tanto non se podían pagar as axudas ata que estivera presentado todo de forma correcta.

Neste senso, anunciou que a presentación dos documentos realizarase coa nova ordenanza en Servizos Sociais para que nese momento sexan revisados polo técnico correspondente e se poida adiantar tempo. «O meu compromiso é traballar na nova ordenanza que garanta que a xente cobre as axudas nun tempo razoable e non ao final do curso», afirmou Fernández.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies