Home / Actualidad / Pontón carga en Narón contra o desvío de carga de traballo do naval a Cádiz

Pontón carga en Narón contra o desvío de carga de traballo do naval a Cádiz

Imaxe do acto (foto: BNG)

Imaxe do acto (foto: BNG)

FERROL360 | Domingo 14 abril 2019 | 21:20

Máis de 300 persoas participaron este domingo no acto electoral do BNG celebrado no Auditorio Municipal de Narón, que tivo a Ana Pontón como protagonista. A voceira nacional da formación censurou que PP e PSOE discriminasen nas últimas décadas á comarca de Ferrolterra con medidas como o recente anuncio de desvío de «carga de traballo dos estaleiros a Andalucía».

Destacou que é importante contar de novo con representación nas Cortes ao estimar que no seu momento posibilitou máis investimentos para o territorio. Para a dirixente, unha parte relevante da cidadanía podería apoiar de novo ao seu grupo despois de facelo con outros en comicios anteriores.

Reivindicou que a fronte nacionalista é a única que pon no centro de decisións á poboación galega e criticou que o Estado prorrogase concesións, facilitase a suba de peaxes ou impedise a transferencia da AP-9. Integrantes de Poligal estiveron presentes no evento, no que acompañaron a Pontón a candidata do BNG en Narón, Olaia Ledo, ou a responsable comarcal, Mercedes Tobío.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies