Home / Actualidad / Por cuarta vez, Pontedeume aproba provisionalmente o PXOM que debe voltar á Xunta

Por cuarta vez, Pontedeume aproba provisionalmente o PXOM que debe voltar á Xunta

FERROL360 | Venres 18 marzo 2016 | 17:36

Este venres o Concello de Pontedeume celebrou un pleno extraordinario para aprobar por cuarta vez o Plan de Urbanismo de forma provisional. O texto incorpora as modificacións que foron solicitadas pola Dirección Xeral de Urbanismo, de cara á aprobación definitiva deste documento por parte da Xunta de Galicia.

A medida foi aprobada cos votos a favor do goberno local e a abstención do PP e do BNG. O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, espera que a Xunta cumpra coa súa palabra e tralas modificacións feitas lle dea o visto boa o documento urbanístico.

Desde o Concello indican que ao celebrar dous plenos extradordiarios seguidos, e non poder xuntalos temas a tratar por cuestións de prazos, o goberno local e o grupo do BNG anunciaron que non cobrarían polo pleno deste venres.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies