FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 21:15
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, entregou xunto aos propietarios do restaurante Marcial e do mesón O Pío, e un representante do clube ciclista local Clásico BikeWorks, os premios correspondentes ás actividades Móvete en Narón e Aluguer de bicis, enmarcadas no programa da Semana da Mobilidade e Educación Viaria do Concello.
O edil naronés felicitou aos catro gañadores e agradeceulles a súa participación nestas actividades organizadas desde o equipo municipal de Educación Viaria. Premiouse ás persoas que se inscribiron na aplicación Strava (máis de 150) e que a través da mesma rexistraron unha maior distancia camiñando, correndo ou en bicicleta entre os días 7 e 11 deste mes.
O premio consiste nunha comida ou cea para dúas persoas no restaurante Marcial ou no mesón O Pío e obtivérono Lucía González Rodríguez (modalidade de camiñar, con 98,10 quilómetros); Alberto Prieto Pardo (modalidade de carreira, con 102,3 quilómetros) e Carlos Rodríguez Vidal (en bicicleta, con 452,10 quilómetros).
O premio de Aluguer de bicis, dirixido a persoas con tarxeta de bicicletas públicas e que utilizasen o servizo en máis ocasións en Narón ou Ferrol tamén entre os días 7 e 11 deste mes, foi para José Antonio Gómez Cobas (con sete usos), que obterá un ano de balde no citado servizo.