Home / Sociedad / Empleo / Primeira asemblea da asociación agroecolóxica A Cortiña en San Sadurniño

Primeira asemblea da asociación agroecolóxica A Cortiña en San Sadurniño

FERROL360 | Luns 3 novembro 2014 | 14:11

A asociación agroecolóxica A Cortiña vai dando seus primeiros pasos logo da súa creación hai poucos meses en San Sadurniño. Coa primeira asemblea quedou configurada a xunta directiva e establecéronse liñas de traballo nesta entidade de ámbito comarcal.

Á xuntanza acudiron produtores da comarca e persoas interesadas en comezar a producir de xeito ecolóxico. De feito, un dos obxectivos da asociación é ofrecer asesoramento no tratamento dos problemas puntuais propios da actividade agroecolóxica e tamén ofrecer formación dirixida a profesionais xa con experiencia e a emprendedores no sector.

Coa creación dunha páxina web da asociación confían en ter máis visibilidade e que sirva de punto de encontro virtual no que poñer en común ideas e debater previamente os contidos das futuras asembleas.

Declaración de intencións

A entidade ten varios puntos nos que quere traballar. Un deles é «estruturar unha produción axeitada á demanda comarcal de alimentos de alta calidade e conseguidos con prácticas sustentables» e seren un punto de partida para unha futura comercialización estable e «adaptada aos ciclos naturais». Por iso, planificarán primeiramente as producións para atender ao mercado de proximidade.

Outro dos puntos que se tratou na asemblea é comezar a recuperar variedades do país, creando un banco de xermoplasma a partir do que se poidan obter plantas para ser cultivadas nas explotacións da zona.

Agárdase, ademais, que tamén entren a formar parte da asociación experiencias gandeiras, como poden ser a crianza de aves, o ovino ou o vacún para leite e carne.

A primeira asemblea de A Cortiña tivo lugar no Salón de Plenos do concello de San Sadurniño (foto: Concello de San Sadurniño)

A primeira asemblea de A Cortiña tivo lugar no salón de plenos do Concello de San Sadurniño (foto: Concello de San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies