Home / Eume / Cabanas / Primeira xuntanza do Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores, este xoves

Primeira xuntanza do Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores, este xoves

FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 17:34

O Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores, celebra este xoves a súa primeira sesión, que será de 17:00 a 18:00 horas no local social da S.C.R.D. San Mamede de Laraxe. A sesión servirá para presentar a entidade, explicarase ós asistentes os obxectivos para o curso e coñecerase de primeira man as súas necesidades e intereses.

Trátase esta dunha actividade que terá unha periodicidade semanal e que vaise desenrolar ata o vindeiro mes de maio, todos os xoves a mesma hora e no mesmo lugar desta sesión inaugural. Os que estean interesados en participar poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cabanas.

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer un espazo que sirva de encontro para os maiores de Cabanas e ó mesmo tempo facilitar unha serie de actividades que sirvan para traballar aspectos cognitivos, así como fomentar a participación veciñal e previr o illamento social destas persoas nos lugares máis rurais do municipio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies