Home / Ferrol / Narón / Primeira xuntanza para coordinar o programa do Encontro Interxeracional de Narón

Primeira xuntanza para coordinar o programa do Encontro Interxeracional de Narón

FERROL360 | Luns 11 abril 2016 | 16:08

Será o vindeiro 12 de xuño cando Narón celebere a quinta edición do Encontro Interxeracional no paseo marítimo de Xuvia. Unha cita na que comezaron a traballar este luns a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, e os representantes de dezasete entidades do municipio, coa coordinación do programa.

A edil naronesa e os representantes das asociacións acordaron adiantar a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade. Os asistentes á convocatoria acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades.

Sabio lembrou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do programa de Envellecemento Activo impulsado desde o Concello de Narón. Trátase dunha convocatoria aberta á participación tanto de entidades como de particulares e que se dirixe tanto os maiores que participan no citado programa como as súas familias

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies