Home / Sociedad / Entidades sociales / Protección Civil Ferrol, 3.800 horas de voluntariado nos últimos dous meses

Protección Civil Ferrol, 3.800 horas de voluntariado nos últimos dous meses

Imaxe de arquivo de Protección Civil acompañando a un home a vacinarse en FIMO (foto: Concello)

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 20:19

A Agrupación de Voluntarios de Proyección Civil en Ferrol fixo balance das súas intervencións e servicios nestes dous meses pasados, marzo e abril, nos que segundo a información facilitada polo Concello de Ferrol realizaron un total de 160 intervencións, 88 e 72 respectivamente.

Desas intervencións, 71 foron servizos de traslados en colaboración co 061 e 6 como apoio aos servizos sociais. Coa Policía Local tiveron colaborado en 52 ocasións entre cortes de tráfico, seguridade viaria e control de aforos, así como actuacións en recintos pechados.

Tamén tomaron parte en 12 emerxencias sociais e 6 servizos medioambientais. Segundo o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, é un «labor excepcional» que ocupou máis de 3.800 horas de traballo a unha trintena de persoas voluntarias.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies