FERROL360 | Xoves 25 febreiro 2016 | 10:40
A Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración organiza un acto de conmemoración do segundo aniversario dos crimes do Tarajal, que tivo lugar o pasado 6 de febreiro, coa proxección do documental «Las muertes de Ceuta» e unha mesa redonda. A cita será este venres ás 19:30 horas.
O 6 de febreiro de 2014 dezaseis persoas perdían a súa vida en augas do Mediterráneo, afogadas, a causa do dispositivo que a Garda Civil levou a cabo para tratar que estas personas inmigrantes non chegaran á praia.
O documental «Las muertes de Ceuta» analiza polo miudo este suceso e tras a súa proxección abrirase un debate sobre o mesmo. Participarán neste acto: Xabier Ron, parlamentario de AGE e Estrela Gómez, da Asociación Galega contra o Maltrato ó Menor, que tamén abordará a situación dos menores refuxiados que fuxiron da guerra en oriente próximo.