Home / Cultura / Pulpiño Viascón e os Broken Peach este domingo no programa ‘Verde que te quero verde’

Pulpiño Viascón e os Broken Peach este domingo no programa ‘Verde que te quero verde’

FERROL360 | Venres 12 xullo 2019 | 9:06

O programa municipal Verde que te quero verde chegará esta fin de semana ao parque da rúa Francisco Pizarro, na Solaina. A partir das 12.30 horas dará comezo o espectáculo de Pulpiño Viascón, un multiinstrumentista, compositor e clown galego cunha dilatada traxectoria profesional e que formou parte de bandas como Os Diplomáticos de Montealto, O Jarbanzo Negro ou Bonovo, a maiores de protagonizar varios espectáculos tamén en solitario.

Sobre as 13.00 horas, unha vez remate a actuación de Pulpiño Viascón, dará comezo o concerto de Broken Peach, unha formación a catro voces, batería, baixo e guitarra/piano que fusionan música con espectáculo, ofrecendo un toque persoal a cada un dos temas que interpretan no repertorio.

O público sitúase en diferentes épocas e ambientes con estilos como o soul, o rock, o gospel ou o funk. Broken Peach conta tamén na súa traxectoria –dunha década- con colaboracións con artistas como Peret, Joaquín Padilla e Alberto Comesaña e actuaron tamén en varios programas da TVG.

O programa Verde que te quero verde rematará o vindeiro 21 de xullo no parque da rúa Mariña Española. Para a xornada final están previstos, tamén a partir das 12.30 horas, os espectáculos dos artistas Paco Nogueiras e Fred Martins.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies