Home / Sociedad / Naturaleza / Quedan dous meses para gozar da nova área de lecer nos Subarreiros en Neda

Quedan dous meses para gozar da nova área de lecer nos Subarreiros en Neda

FERROL360 | Luns 18 marzo 2019 | 19:35

Esta semana comenzaron en Neda os traballos para transformar a zona dos Subarreiros nun área de disfrute e lecer no centro urbano do Concello. O obxectivo do goberno municipal é convertir este lugar nun punto de encontro e reunión para a veciñanza así como atraer xente doutros lugares para que visiten o lugar.

A licitación da obra polo Concello ten un custo de 82.070,54 euros e se espera que esté rematada en dous meses. A zona contará cunha pista polideportiva pechada pero non cuberta así como un parque infantil e tamén mesas e bancos para que a xente poida gozar do lugar.

Os terreos onde se farán as obras foron cedidos no ano 2017 polo Goberno Central a Neda por un periodo de 30 anos. As infraestructuras ocuparán parcialmente estes terreos que contarán cunha superficie de 2.000 metros cadrados.

Ao finalizar os traballos haberá una pista polideportiva de 1.125 metros cadrados pensada para acoller partidos de baloncesto, balonmán, fútbol sala, voleibol e tenis. As instalacións da pista terán ás seguintes medidas, 45 metros de longo por 25 de ancho e o pavimento será de cuarzo de cor verde.

Namentres, o parque infantil terá unha extensión de 130 metros cadrados que foron gañados no seu día ao mar. O parque contará con catro torres para que os menores poidan facer uso de diferentes xogos e elementos coma pirámides de corda, tobogáns e balancíns.

Para disfrutar dun día en familia o espazo tamén terá mesas, papeleiras, bancos e lugares habilitados para facer unha parrillada ao aire libre.

Finalmente, o Concello está á espera do permiso de Costas para completar no lugar as obras dunha pista de skate e de bicicletas. As obras xa comezaron cos primeiros movementos de terra polo que só resta esperar dous meses para disfrutar da nova área de lecer.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies