Home / Cultura / Cine / Quentin Tarantino pasará polas pantallas dos cines Dúplex de Esteiro

Quentin Tarantino pasará polas pantallas dos cines Dúplex de Esteiro

FERROL360 | Martes 22 abril 2014 | 12:50

As salas de cine Dúplex, ubicadas no barrio ferrolán de Esteiro, estrean un novo ciclo de películas en versión orixinal subtitulada.

Dende o xoves 24 de abril ata o vindeiro 19 de xuño serán proxectadas semanalmente un total de nove películas do director estadounidense Quentin Tarantino.

A primeira delas será Jackie Brown, unha cinta do ano 1997 protagonizada por Pam Grier, que interpreta a unha azafata acusada de traficar con drogas. A policía, para evitar que ingrese en prisión, proponlle que colabore para atopar ao delincuente Ordell.

Samuel L. Jackson, Robert de Niro, Michael Keaton, Bridget Fonda e Robert Forster completan o elenco artístico dun filme baseado na novela de Elmore Leonard Rum Punch.

Pulp Fiction pechará este ciclo de cine, onde tódolos pases son gratuítos e comezarán ás 20:30 horas.

Tarantino_Dúplex

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies