Home / Cultura / Queremos Galego sae á rúa en Ferrol para esixir «liberdade, igualdade e xustiza para o galego»

Queremos Galego sae á rúa en Ferrol para esixir «liberdade, igualdade e xustiza para o galego»

Cartaz da movilización

Cartaz da movilización

FERROL360 | Mércores 15 Maio 2019 | 20:28

A plataforma cidadá Queremos Galego ten previsto levar a cabo unha ducia de mobilizacións en distintas cidades e vilas de Galicia, entre elas Ferrol, para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras, co obxectivo de sixir «liberdade, igualdade e xustiza para o galego». A cita na cidade naval será ás 12.00 horas na Praza Vella.

A movilización contará tamén con apartado musical grazas ás actuacións de dous grupos que interpretarán pezas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Carvalho Calero e Manuel María. A continuación, procederase a dar lectura ao manifesto por parte de distintos artistas.

Baixo o lema «Máis que nunca, Queremos Galego», o colectivo quere recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionaras ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas e en todos os concellos.

A entidade alerta que a situación do galego é «crítica», pero indica que pode mellorar se comeza aa ser unha lingua máis visible, audible e practicable. «O 22,7 % das persoas de catro a 15 anos non saben falar galego», advirten desde o colectivo, que denuncia que hai límites de todo tipo, incluso legais, para empregalo con normalidade.

Con todo, a entidade defende que «a situación do galego non é irreversíbel, pódese modificar garantindo os tres principios: liberdade, igualdade e xustiza».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*