Home / Opinión / De quen vés sendo? / Quessada imprescindible

Quessada imprescindible

'O dictador' de Quessada (cedida)

‘O dictador’ de Quessada (cedida)

MIGUEL CASTRO / VÍCTOR G. NOVÁS | De quen vés sendo? | Venres 9 decembro 2016 | 15:50

No Centro Cultural Torrente Ballester, ata o vindeiro 13 de Xaneiro, temos unha oportunidade única de disfrutar da obra dun artista tan excepcional coma comprometido como é o ourensán Xaime Quessada.

A exposición que se presenta na nosa cidade, tras un intenso traballo da Asociación Cultural Fuco Buxán, a Fundación Xaime Quesada e o Concello de Ferrol, amósanos ao autor máis reinvicativo, un artista con ligazóns únicas e sempre presentes coa cidade de Ferrol, coa que tomou contacto por primeira vez cos sucesos de Marzo do 72. Neste contexto tan relevante para a nosa historia, e da loita contra a ditadura franquista, podemos atopar nesta exposición obras relacionadas con estes feitos.

A obra de Quesada é ixente en temas e estilos, acorde coa súa personalidade creadora, diversa e intensa, coma o gran artista que é, mais nesta ocasión,coma non podía ser doutra maneira no noso contexto social e político, está centrada no movemento obreiro, na represión franquista, as ditaduras e os dereitos humanos. Feito que nos levan non só a unha viaxe cara ao pasado, senón fundamental no noso presente tan necesitado de conciencia e loita polos dereitos de todas e todos.

Unha obra coma a de Xaime Quesada, descoñecido en moitos casos polo gran público aínda sendo unha referencia para a pintura galega e universal, non debe pasar sen ser vista e vivida pola nosa cidade. A citada exposición completa ademáis os grandes murais que xa podemos disfrutar no auditorio de Caranza.

Dicía Xaime Quesada: «Todo Arte que non parta dunha realidade obxectiva, para expresar subxectivamente ao home no seu tempo e na historia, é un arte idealista, ou o que é o mesmo, un estupefaciente estético». E A súa obra é todo menos unha droga adormecedora, axúdanos á comprensión, á rebeldía e golpéanos dunha forma directa cara á reflexión, cara a solidariedade, á crítica, o sentemento de clase e cara a acción de onte, hoxe e mañá.

*Miguel Castro é coordinador de Esquerda Unida Ferrol e Víctor G.Novás é directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies