Home / Actualidad / Quince desempregados pintarán a fachada do Museo da SGHN de Ferrol

Quince desempregados pintarán a fachada do Museo da SGHN de Ferrol

FERROL360 | Venres 30 outubro 2015 | 14:26

A fachada do Museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol lucirá unha nova faciana antes de que remate o 2015. Será logo de que 15 desempregados da zona conclúan o programa de formación e intervención en pintado de fachadas de interese patrimonial ao abeiro do Plan Urban.

As concelleiras de Economía e Urbanismo, Eugenia Freire e María Fernández Lemos, explicaron este venres en rolda de prensa os detalles desta nova acción formativa, que ten o dobre obxectivo de mellorar a empregabilidade dos colectivos con mais dificultades para atopar un emprego, ao tempo que se pon en valor o patrimonio da cidade nas áreas da Zona Urban, neste caso a de Canido.

O prazo de inscrición para seleccionar ao alumnado do curso, que será teórico-práctico e de 100 horas de duración, ábrese no Rexistro Xeral do Concello o martes 3 de novembro e pódese cubrir a solicitude ata o día 11.

Existe un compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria, Prosema Noroeste, para a contratación dunha porcentaxe do alumnado ao remate da intervención, nos tres meses seguintes por medio ano a media xornada ou tres meses a xornada completa.

O programa está especialmente dirixido a persoas desempregadas residentes, preferentemente, na Zona Urban, é dicir, os barrios de Canido, Ferrol Vello e A Magdalena. Prevese o pago de bolsas de asistencia a aquelas persoas que non perciban outras axudas públicas ao desemprego. O importe da beca será de 18 euros brutos por día de asistencia.

Os alumnos desenvolverán actuacións de acondicionamento interior e exterior na fachada deste inmoble, baixo a supervisión e apoio de docentes, técnicos e especialistas nas reformas a desenvolver. Arrancará o 16 de novembro e está previsto que remate antes do final do ano 2015.

A actuación de mellora da fachada do Museo da SGHN foi seleccionada pola súa importancia ciudadana educativa, cultural e medioambiental e conta cos permisos pertinentes. Os impresos de solicitude e bases están disponibles nesta web.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies