FERROL360 | Martes 22 xullo 2014 | 17:12
O Racing de Ferrol e o Rápido de Neda disputarán o Trofeo de Fútbol Concello de Neda o sábado 2 de agosto. Un encontro que se disputará no campo municipal «Juanito González» ás 20:00 horas e que será gratuíto.
O Concello de Neda invita a veciños e veciñas a achegarse ás instalacións municipais e animar ao Rápido de Neda, un equipo que acadou a pasada tempado o ascenso á 1ª Autonómica.