FERROL360 | Domingo 21 febreiro 2016 | 16:32
Rádio FilispiM convoca a todos os seus colaboradores e persoas que teñan participado co colectivo e seu proxecto, para formar parte dun documental polo seu décimo aniversario. Os interesados participarán nunha breve entrevista na que comentarán a súa experiencia como membros do colectivo.
A cita será este mércores, 24 de febreiro, ás 17:30 horas no Centro Cultural Torrente Ballester. Co obxectivo de poder organizar as entrevistas, é preciso confirmar asistencia achegando nome e teléfono de contacto ao enderezo electrónico: xende.lt@gmail.com ou por mensaxe a teléfono: 669.73.70.06.
A data límite para esta confirmación é oi marte 23 de febreiro ás 23:59 horas.