Home / Eume / A Capela / Recreación de oficios tradicionais, roteiros e mercado de artesanía; mañá en A Capela

Recreación de oficios tradicionais, roteiros e mercado de artesanía; mañá en A Capela

MARTA CORRAL | Sábado 17 agosto 2013 | 9:30

Mañá domingo, terá lugar a segunda edición de ETNOeume, a feira etnográfica da comarca do Eume, en O Pazo (A Capela).

Este evento cumple dous anos, con tres obxectivos moi concretos: divulgar o Museo Etnográfico da Capela; exaltar as tradicións e a cultura popular e tamén dar a coñecer os productos da comarca do Eume a nivel agroalimentario e artesán.

Dende as 11:00 ate as 20:00 horas, todas aquelas persoas que se acheguen ata O Pazo, terán moito onde escoller.
Durante todo o día, haberá feira, mercado de artesanía e antigüidades, exposicións e visitas guiadas ao Museo, ademáis de roteiros ecoetnográficos. A todo o anterior, hai que sumarlle pasarrúas, música e, un dos principais reclamos de ETNOeume: a recreación de oficios tradicionais como ferreiro, torneiro, tecelása, afiador ou serranchín.

A Organización da feira corre a cargo do Museo Etnográfico e do Concello de A Capela que pretenden con esta iniciativa «recuperar o espírito e a forma das feiras tradicionais; as feiras que viviron os nosos avós», por iso, para conseguir que esa viaxe no tempo sexa o máis real posible, animan aos asistentes a «vestirse ao xeito dos anos corenta».

O programa do día comeza ás 11:00 horas co inicio da feira. De 11:45 a 12:30 horas, terá lugar a Primeira demostración de oficios tradicionais. De seguido, a Santa Misa e ás 13:30 horas, o Acto de entrega dos Premios de Investigación Ferro Caaveiro.
Ás dúas do mediodía, haberá música a cargo de Ce Orquestra Pantasma, que amenizará o xantar nos postos de polbo e churrasco da feira.

Pola tarde, teremos unha nova ocasión de ver a demostración de oficios tradicionais de 16:30 a 17:15 horas, ademáis, para baixar a comida, ás cinco da tarde parte o roteiro Máis aló dos Eidos -dende o Museo ate o Parque Etnográfico do Sesín-, cunha duración dunhas dúas horas e media.
Tamén a partires das 17:00, haberá xogos populares e obradoiro de enredos no adro da Igrexa.
A nota musical da tarde, correrá a cargo das cantareiras de Airiños da Capela e Airiños dos Carrís.
Ás seis da tarde, tócalle a quenda á Malla Tradicional, que rematará co sorteo de agasallos ás 19:30 horas.
Os encargados de pechar o II ETNOeume serán o grupo Ce Orquestra Pantasma.

Paga a pena achegarse mañá ata A Capela, disfrutar do seu entorno e deixarse sorprender polo traballo que, non fai tanto tempo, levaban a cabo moitos homes e mulleres coas súas mans. Esta sí será unha viaxe diferente no tempo.

Sobre Marta Corral

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies