Home / Cultura / Regresa o programa ‘Verde que te quero verde’ este domingo con dous espectáculos ao aire libre

Regresa o programa ‘Verde que te quero verde’ este domingo con dous espectáculos ao aire libre

FERROL360 | Sábado 29 xuño 2019 | 13:13

O programa municipal Verde que te quero verde retómase un ano máis, alcanzando a súa terceira edición, cunha gran variedade de espectáculos dirixidos a público familiar e infantil e que se desenvolverán entre este domingo e o 21 de xullo en varios espazos públicos de Narón.

O programa arrancará este domingo, na praza Irmáns Freire, en Xuvia, donde actuarán Charo Pita e A Banda do Garaxe a partir das 12.30 horas. A estrutura manterase cada domingo, cunha actividade musical ao inicio destinada ao público familiar e dunha duración de trinta minutos e un concerto a continuación.

Trátase dunha proposta cultural, de balde, impulsada a través do Padroado da Cultura co obxectivo de descentralizar a programación do Padroado, levándoa ás prazas e parques do municipio para desfrute do público.

A xornada inaugural deste programa correrá a cargo da narradora oral, escritora e cantante Charo Pita, que presentará na Praza Irmáns Freire o se novo traballo: No país do vento. Diferentes melodías e pequenas historias sucederanse da man de divertidos personaxes e animais que habitan o país do vento, donde non faltan a música e o baile.

A continuación actuará A Banda do garaxe, unha formación que se constituíu no ano 2016 e que está formada por doce músicos da comarca de Ferrolterra, que contan cun amplo repertorio de arranxos de música moderna e festiva. O primeiro concerto da formación tivo lugar no Pazo da Cultura, donde interpretaron pezas de Adele, Raphael, Bonney M. e outros recoñecidos profesionais da música.

Máis actuacións

A vindeira proposta de Verde que te quero verde será o 7 de xullo, co músico coruñés Pablo Díaz e a formación Le Barluthier, á semellanza dos pianobar dos anos 30 e 40 do século pasado. O día 14 do vindeiro mes, será o turno do artista galego Pulpiño Viascón, un multiinstrumentista, compositor e clown moi polifacético e cunha ampla traxectoria profesional.

O 21 de xullo rematará a programación cos espectáculos do músico Paco Nogueiras, cargado de humor, baile e cancións sintonizando Radio Bulebule e tamén co cantor e compositor Fred Martins, que ofrecerá ao público un variado repertorio vencellado á tradición do artesanato da canción de Brasil.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies