Home / Deportes / Regresa o Trofeo de Fútbol afeccionado Cidade de Narón

Regresa o Trofeo de Fútbol afeccionado Cidade de Narón

FERROL360 | Venres 5 agosto 2016 | 10:27

Despois de cinco anos de ausencia na axenda deportiva do municipio, o Concello de Narón recupera un dos seus torneos máis senlleiros, o Trofeo de Fútbol afeccionado Cidade de Narón. O evento deportivo, que se celebrará entre o 9 e o 13 de agosto, alcanzará a súa trixésimo cuarta edición.

O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou este xoves o calendario da competición acompañado do responsable da Delegación Territorial de Ferrol da Federación Galega, Manolo Mesa, e dos representantes dos catro clubes do concello que participarán no torneo: San Mateo CF; CF Estrella; SD O Va e CD Narón.

O edil quixo destacar a implicación das catro entidades e da Delegación Ferrolá de Fútbol na organización dun dos eventos deportivos de referencia da cidade que se retoma logo dunha paréntese de cinco anos.

O torneo comeza o martes 9 de agosto coa primeira semifinal, a que disputarán o Club Deportivo Narón e o Club de Fútbol Estrella no campo do Cadaval ás 20.30 horas. O día seguinte, mércores 10, será a quenda do Club San Mateo e a Sociedade Deportiva O Val, que dirimirán o segundo finalista no campo do San Mateo a partir das 19.30 horas.

O partido polo terceiro posto e mais a final terán lugar o sábado 13 no Estadio Municipal de Río Seco. O primeiro encontro disputarase ás 18.00 horas e o segundo e definitivo, ás 20.00 horas.

As persoas interesadas poderán gozar tamén no mesmo Estadio de Río Seco dunha churrascada a prezos populares, que terá lugar ao remate da final e da entrega de trofeos e que está enfocada a estreitar os lazos de convivencia de unen os catro clubes participantes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies