Home / Cultura / Relatorio de Pilar García en Mugardos para celebrar o Día de Rosalía

Relatorio de Pilar García en Mugardos para celebrar o Día de Rosalía

FERROL360 | Xoves 21 febreiro 2019 | 20:41

O local social de Maiores de Mugardos acolle este venres ás 19:30 horas a primeira actividade do programa organizado polo Concello, coa colaboración con outras entidades, en torno ao Día de Rosalía de Castro.

Unha delas é a Asociación Cultural Apelón, que promove a conferencia de Pilar García Negro que leva por título Rosalía de Castro: a bandeira da dignidade galega.

A ponente é política, sociolingüista, profesora e escritora, e ten publicado estudos e edicións de Rosalía de Castro. Logo da súa charla, o acto rematará coa actuación da Coral Estelas do Mar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies