Home / Ortegal / Cariño / Remolcan un veleiro á deriva en Cabo Ortegal con dous tripulantes a bordo

Remolcan un veleiro á deriva en Cabo Ortegal con dous tripulantes a bordo

FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 10:47

Un veleiro con dúas persoas a bordo quedou sen goberno na madrugada do martes ao mércores á altura do Cabo Ortegal, en Cariño. A embarcación tivo que ser remocalda por Salvamento Marítimo ata o porto de Cariño. Os dous tripulantes, de nacionalidade francesa, están en perfectas condicións.

Desde o 112 Galicia informan que o veleiro, de 11 metros de eslora, dirixíase a A Coruña desde Francia. Un dos tripulantes chamou ao 112 Galicia ás 4:00 horas e indicou que estaba navegando co seu fillo e que o veleiro quedou sen combustible.

Despois de facilitar as súas coordenadas, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Salvamento Marítimo, que decidiu movilizar a Salvamar Shaula. Asimesmo, se informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao GES de Ortigueira e á Gardia Civil.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies